Cores Tourís despídese do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión con Antonio Coello

Cores Tourís na reunión con Antonio Coello

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá no seu despacho ao subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, quen quixo manter un encontro de despedida ante a súa inminente xubilación.

Antonio Coello realizou nas últimas semanas unha rolda de entrevistas coas autoridades da provincia para despedirse, xa que está previsto que cese no seu cargo unha vez que alcance a idade de xubilación mañá 25 de novembro.

O cese do actual subdelegado do Goberno en Pontevedra será o sábado 26 de novembro, e tal e como lle trasladou ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, a súa marcha “chega tras unha etapa moi gratificante na que intentou manter o diálogo e o consenso con todas as administracións”.

Coello Bufill iniciou a súa traxectoria na administración como inspector de Traballo e da Seguridade Social e, posteriormente, foi delegado en Pontevedra da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, así como concelleiro de Movilidade en Vigo.

24 de novembro de 2016 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.