publicidade hoxe

Beatriz Mato e o alcalde de Culleredo manteñen unha xuntanza de traballo para explorar vías de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Culleredo

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Culleredo

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, na que exploraron posibles vías de colaboración entre a administración autonómica e a local.

Durante a reunión, o concello presentou un proxecto para unha mellora na rede de abastecemento, para o que solicitou a colaboración do departamento, que estudará esta proposta. Mato tamén se comprometeu a valorar a petición do alcalde de que se lle cedera á entidade local a xestión dos terreos da contorna do río Mero que se atopan dentro dos límites do seu concello.

29 de novembro de 2016 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.