publicidade hoxe

A Xunta forma a 60 profesionais en novas técnicas para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de CompostelaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, está a formar estes días a preto de 60 profesionais dos CIM (centros de información ás mulleres), así como do Centro de Emerxencias de Vigo (Cemvi) y do Centro de Recuperación Integral (CRI) de Santiago en novas técnicas para a atención e intervención a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos menores.

Trátase dun obradoiro de xogos terapéuticos, por unha banda, e por outra, da técnica da caixa de area para o tratamento do trauma. Ambos os dous obradoiros teñen lugar no Centro de Recuperación Integral (CRI) de Santiago ao longo desta semana. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o centro onde se está a impartir esta formación.

No obradoiro de xogos terapéuticos preséntanse diferentes técnicas, debuxos xogos e exercicios para realizar con menores nas que se traballan aspectos tales como a ansiedade, os medos, o autocontrol, a autoestima ou a educación emocional. Realízanse de dinámicas diversas e parte vivencial.

A caixa de area, pola súa banda, é unha técnica psicoterapéutica non verbal e non instrusiva para o tratamento do trauma. O método consiste na creación dunha escena con figuras en miniatura nunha caixa de area, baixo a presenza da/o profesional. É unha técnica indicada para a apoiar na reparación tras o trauma causado pola violencia.

Ambos obradoiros enmárcanse dentro do Plan de formación en violencia de xénero para profesionais dos Centros de Información ás Mulleres de Galicia.

30 de novembro de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.