publicidade hoxe

A Xunta destaca que o Smart Commerce permite ao sector chegar a un maior número de potenciais clientes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, clausurou hoxe na Coruña unha xornada sobre tenda online, organizada na sede da Cámara de Comercio e na que destacou a importancia de impulsar o emprego das novas tecnoloxías para mellorar a competividade do comercio de proximidade, ao tempo que supón abrir novos mercados e oportunidades de negocio e chegar a un maior número de potenciais clientes.

Sol Vázquez puxo especial énfase no compromiso da Consellería de Economía, Emprego e Industria polo crecemento e consolidación do smart commerce. Baixo esta premisa, a Xunta busca favorecer o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente no que, a través da innovación e as novas tecnoloxías, ten como principal característica que sitúa o cliente no centro da súa estratexia.

Durante a súa intervención no taller celebrado na Cámara de Comercio, Industria, Navegación e Servizos da Coruña, Sol Vázquez sinalou que o Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia inclúe entre os seus retos a necesidade de incrementar a innovación no sector para, deste xeito, mellorar a posición competitiva do comercio de proximidade.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do programa para impulsar o smart commerce e o comercio en liña, concedeu este ano axudas por valor de 850.000 euros na provincia da Coruña, das que se beneficiaron preto de 270 comerciantes e artesáns.

24 de novembro de 2016 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.