A Xunta acatará o que decida a Delegación do Goberno sobre a deportación dun mozo a Paraguai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, remarcou en relación ao veciño de Santiago de 19 anos que foi deportada a pasada fin de semana ao seu país de orixe -Paraguai- que a Administración autonómica vai acatar o que decida a Delegación do Goberno, por ser a que ten as competencias neste ámbito.

Así se pronunciou durante unha visita á Asociación de Empresarios de Mos (Pontevedra), ao ser cuestionado por se a Xunta pode facer algo neste caso. Acerca de que a Administración galega tutelou ao mozo entre os 14 e os 18 anos, Rueda recoñeceu que “no seu momento estivo tutelado porque se daban unha serie de circunstancias, que non teñen por que dar a dar agora”.

“As circunstancias poden cambiar e as novas circunstancias que determinan esas decisión quen as sabe é a Delegación do Goberno”, remarcou, recordando que é o Goberno central quen ten as competencias para dicir quen permanece e quen non no territorio nacional. En todo caso, mostrouse seguro de que a decisión “se basea en criterios obxectivos”.

29 de novembro de 2016 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.