publicidade hoxe

A Deputación reivindica o novo xulgado do social de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
A-
A+

O pleno da Deputación da Coruña aprobou unha declaración institucional na que se reivindica un novo xulgado do social no partido xudicial de Santiago de Compostela. Todos os grupos con representación na corporación apoiaron a declaración.

Os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña (Alternativa dos Veciños, BNG-Asembleas Abertas, Compostela Aberta, Marea Atlántica, PSdeG-PSOE e Partido Popular) apoiaron por unanimidade a declaración que reclama a creación dun novo xulgado do social no partido xudicial de Santiago de Compostela.

O pleno da Deputación lamenta que non se incluíra un novo xulgado do social no último reparto de novos xulgados en Galicia e insta a que se amplíe esta distribución no menor tempo posible. A declaración lembra que cómpre ter en conta que as cifras e o volume de traballo nos xulgados de Santiago están a acumular un atraso na resolución dos expedientes que supera os 3 anos no xulgado do social ademais do que cualifica como “sobrada importancia” de contar con unha xurisdición social axeitada para atender os dereitos da cidadanía.

25 de novembro de 2016 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.