A Deputación da Coruña destinará 114.338,72 euros para reurbanizar a rúa Río Xubia de Ferrol
O goberno provincial levará ao pleno de mañá venres a aprobación do proxecto de reurbanización da Rúa Río Xubia, no tramo entre Manuel Belando e Cabo Prior da cidade de Ferrol, cunha dotación económica de 114.338,72 que representa o 80% do orzamento total das obras. O obxectivo é eliminar o tapón urbanístico que actualmente se produce de maneira constante nesa calzada. O proxecto xa foi aprobado na comisión de Cooperación e asistencia aos concellos, co voto favorable de todas as forzas políticas.
Na parte inicial dos traballos, procederase á limpeza de cunetas de ambas marxes da calzada. Para o drenaxe das augas pluviais, contémplase a construción dunha nova rede de tubaría nas obras de saneamento.
As actuacións abarcan o movemento de terras e a explanación do terreo, que suporá a retirada asfaltos, beirarrúas e soleiras; a pavimentación da calzada con zahorra artificial, a construción de novas beirarrúas con baldosa de formigón e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.
O proxecto inclúe ademáis a canalización da rede de abastecemento de auga, saneamento, electricidade, distribución de gas, alumeado público e telecomunicacións.
Asimesmo, o proxecto inclúe a reparación das rasantes e dos servizos afectados, así como reinstalación das luminarias existentes unha vez rematadas as obras.