Unha persoa ferida ao envorcar o vehículo que conducía en Oleiros
Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este luns ao envorcar o vehículo que conducía no termo municipal de Oleiros (A Coruña). Segundo informou o 112 Galicia, no momento de producirse o accidente o vehículo circulaba pola estrada N-VI ao seu paso polo lugar de O Carballo, dirección Betanzos.
Os Bombeiros de Arteixo, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, desprazáronse até o lugar ante a sospeita de que o condutor puidese estar atrapado no interior do vehículo. Con todo, puido ser liberado sen ser necesarios os medios de excarceración.
Foi o mesmo persoal sanitario o que ás 5,45 horas deste luns informou ao 112 Galicia do accidente. A partir de aí, ademais de alertar aos efectivos do parque comarcal, tamén solicitou a intervención dos axentes de Tráfico e de Protección Civil da localidade.
En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada e outra asistencial que foi a que finalmente levou á persoa ferida, unha muller de 49 anos, O.R.R., ao Hospital A Coruña, segundo confirmaron fontes sanitarias.