Un home ferido grave ao ser atropelado en Lalín
Un home de avanzada idade resultou ferido grave tras sufrir un atropelo a última hora da tarde do mércores no termo municipal de Lalín (Pontevedra).
Segundo informou o CAE 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na Rúa da Ponte sobre as 20,30 horas do mércores na localidade de Lalín.
A vítima quedou inconsciente, tirada no chan e foi trasladado de urxencia nunha ambulancia medicalizada ao Complexjo Hospitalario Universitario A Coruña.
O 112 Galicia recibiu o aviso da Policía Local ás 20,30 horas e informou a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Deza. Tamén se alertou o GES de Lalín e a Protección Civil.