publicidade hoxe

Un grupo de internos do centro penitenciario de Teixeiro participa nun curso de educación para a saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Un grupo de 15 internos no centro penitenciario de Teixeiro participaron entre os pasados 12 de setembro e 5 de outubro nun curso de Educación para a Saúde, incluído no programa de preparación para a liberdade “Nelson Mandela” que xestiona o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, dentro da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

O obxectivo dese curso é que os reclusos adquiran coñecementos sobre condutas saudábeis en torno a aspectos como as drogas, os hábitos de hixiene e o coidado persoal, as infeccións de transmisión sexual ou a sexualidade e a educación sexual afectiva, preparándoos dese xeito para a vida que deberán levar na sociedade cando teñan cumprido as penas que lles foron impostas.

Esta actividade formativa é parte das accións que inclúen os itinerarios de inserción socio-laboral, deseñados polos dispositivos técnicos comarcais de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para os participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

10 de outubro de 2016 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.