Os investigadores céntranse na análise do contido do móbil de Diana Quer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, mostrouse confiado en que o contido do móbil de Diana Quer, a moza madrileña desaparecida dende o 22 de agosto en A Pobra, e “moitos máis datos” leven a esclarecer o caso, do que admitiu a súa “complexidade”.

A preguntas dos xornalistas, antes de asistir ao acto de apertura do ano xudicial, Villanueva reiterou que continúa a investigación sin descartar ningunha liña de investigación, aínda que confirmou que, neste momento, non hai batidas na zona de Taragoña, en Ribeira (A Coruña), onde se apagou o sinal do móbil da moza.

Polo momento, os investigadores están centrados na análise do contido do móbil da moza e nas declaracións das testemuñas, entre outro material. “Estanse a examinar multitude de datos recollidos”, apostilou.

Villanueva, que admitiu que desexarían que estivese “algunha cousa clarificada”, remarcou que se trata dun caso “moi complexo” e que, por iso, as investigacións se centran en analizar “os datos” dos que se dispón.

Por outra banda, ratificou que nestes momentos non hai efectivos buscando pola zona de Taragoña, o último lugar onde o móbil sitúa a moza. “Xa houbo as batidas necesarias”, indicou, sen descartar que puidese volver habelas no futuro.

6 de outubro de 2016 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.