O Pazo de Mariñán acollerá este sábado unha xornada con motivo do Día Internacional da Muller Rural
Coincidindo co celebración do Día Internacional da Muller Rural, o Pazo de Mariñán acollerá este sábado, 15 de outubro, unha xornada dedicada a recoñecer o importante papel que as mulleres desenvolven no rural galego.
O acto, organizado pola Deputación da Coruña e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur), contará coa presenza de máis de 150 invitadas e con relatorios de recoñecidos expertos no eido, coma o ex conselleiro de Agricultura, Francisco Sineiro, que analizará a situación da muller na economía rural.
O programa da xornada inclúe tamén intervencións do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, así como unha mesa redonda na que representantes de varias entidades relacionadas co mundo agrario analizaran os problemas e oportunidades do campo galego.
O acto inclúe tamén unha entrega de galardóns a persoas e entidades da provincia polo seu compromiso co mundo rural e as súas contribucións á innovación, á igualdade ou á posta en valor dos produtos autóctonos.
O obxectivo é visibilizar e fomentar as iniciativas innovadoras, para impulsar a igualdade nun sector no que a discriminación e precariedade laboral seguen sendo unha realidade.











