Margarida Pérez Herráiz afirma que votará o que decida o comité federal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

A deputada socialista pola provincia de Lugo, Margarida Pérez Herráiz, afirmou que se o presidente do Goberno en funcións e candidato do PP, Mariano Rajoy, se somete a unha nova investidura votará “o que decida o comité federal” do PSOE.

Neste sentido, asegurou que a súa opinión é “moi clara dende sempre”. “E é que a min persoalmente non me votan, votan ao PSOE e, polo tanto eu apoiarei o que decida o partido socialista polas canles correspondentes”, manifestou.

Fronte aos que apelan a que decida o sentido de voto a militancia, Pérez Herráiz ten claro que “o partido se rexe por unhas normas que foron decididas por todos democraticamente e segundo esas normas as decisións dos pactos postelectorais é competencia do comité federal”. “Eu asumirei o que decida o comité federal”, insistiu en referencia á disciplina de voto.

XESTORA GALEGA

Da xestora galega, e da sucesión de peticións de dimisión e de criticas cara a Pilar Cancela, a deputada por Lugo mantén que “é unha xestora designada pola executiva federal anterior (que lideraba Pedro Sánchez) a diferencia da xestora nacional que foi acordada polo comité federal”. “Son xestoras con circunstancias diferentes”, esgrimiu.

Da galega recordou que foi “nomeada por un tempo” e indicou que “haberá que renovala”. Así, se limitou a dicir que “a competencia agora será da xestora federal e a xestora federal tomará a decisión”.

10 de outubro de 2016 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.