Inaugúrase en Ourense o VIII curso internacional de ecografía músculo-esquelética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na inauguración do VIII curso monográfico internacional de ecografía músculo-esquelética, que se está a celebrar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense. No acto de presentación, Rosendo Fernández destacou o labor que leva a realizar durante estes anos o Doutor Nabor Díaz neste sector, “mostra diso é este curso que se celebrará do 14 ao 15 de outubro en Ourense”.

O curso ten por obxectivo que os alumnos melloren os seus coñecementos ecográficos para poder realizar unha exploración ecográfica sistemática de distintas partes do corpo, e que coñezan o ecógrafo. Nese mesmo senso, o vicepresidente da Deputación de Ourense explicou o programa de Termalismo Saudable do goberno provincial tendo en conta “as bondades que presenta o noso termalismo nas lesións de tipo músculo-esquelético”.

14 de outubro de 2016 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.