publicidade hoxe

Finalizadas as obras de mellora de seguridade viaria da estrada OU-540 na Merca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MercaOurense
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, rematou as obras de mellora da seguridade viaria na estrada OU-540, na Manchica, entre o punto quilométrico 14+950 e o PK 15+270, ao seu paso polo Concello ourensán da Merca.

Para levar a cabo estes traballos, o Goberno galego contou cun orzamento de algo máis de 52.000 euros.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións co fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Esta actuación forma enmárcase no Plan de reforzos de firme do ano 2016, no que a Xunta está a investir 23,5 millóns de euros para mellorar a seguridade de case 600 quilómetros de estradas.

11 de outubro de 2016 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.