Estabilizado o incendio forestal de Carballeda de Valdeorras
O incendio que se orixinou na parroquia de Candeda, no municipio ourensano de Carballeda de Valdeorras, quedou estabilizado ás 7,15 horas deste luns.
O lume forestal, segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, iniciouse ás 19,25 horas deste domingo. As primeiras estimacións apuntan que a superficie afectada ascende a máis de 20 hectáreas.
No seu control participan seis axentes, 18 brigadas, dúas motobombas, unha pa e un helicóptero.
A Consellería de Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal.