Darío Campos urxe un congreso federal do PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, apremou a convocatoria dun congreso federal do PSOE co fin de “resetearse”. Campos eludiu pronunciarse sobre a decisión do comité federal de absterse na investidura do popular Mariano Rajoy, e puntualizou que esa opinión á garda “para os órganos do partido”.

Dito isto, considerou que “é máis conveniente, con rapidez relativa, convocar un congreso federal e despois o resto”, “porque ao seu xuízo o partido debe resetearse e para iso hai que elixir un líder”.

“A miña opinión dareina nos órganos en que teño que dala, pero parte do que nos pasa no partido é por iso, por sacar nos medios de comunicación parte das nosas opinións,” resolveu.

Estas declaracións fíxoas despois de presentar o IV Campus Emprendemento Sostible, que financia a institución provincial, e que este ano vai dirixido a 60 alumnos aos que se ofrecerá formación e asesoramento na creación de empresas sostibles dentro do ámbito rural.

24 de outubro de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.