Carmela Silva pide a Pilar Cancela que asuma as responsabilidades ante o “fracaso” do PSdeG o 25S
A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, pediu á presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, que “asuma as súas responsabilidades ante o estrepitoso fracaso” dos socialistas galegos as eleccións do 25S, “e que o faga xa”.
“Xa levamos tempo pedindo a súa dimisión, hoxe non é o primeiro día no que o facemos”, indicou a mandataria socialista nunha conferencia de prensa na que insistiu en que “os galegos falaron alto e claro” nos comicios e “dixeron que o proxecto que Piar Cancela defendía, protagonizaba e dirixía, fracasou estrepitosamente”.
Carmela Silva considera que “Galicia, igual que España, necesita un PSOE forte”, polo que cree que “aqueles que o debilitaron deberían asumir as súas responsabilidades”, algo que “forma parte da cultura política do partido”.
“A señora Cancela dinamitou un proxecto que ía fortalecer ao Partido Socialista de Galicia e non a persoas individuais”, reprochou Carmela Silva, tras o que engadiu que “cando alguén se equivoca e o fai dunha forma tan radical”, ten que “ser xenerosa, ten que ter dignidade” para que o proxecto socialista “se fortaleza”. “Marchar ben é un acto político que demostra a grandeza de quen o fai”, apostilou.
POLÍTICA NACIONAL
En referencia á recollida de sinaturas impulsada pola corrente Esquerda Socialista para que os militantes promovan asembleas nas agrupacións para consultar a postura das bases sobre unha posible abstención na designación de Mariano Rajoy como presidente, Carmela Silva asegurou “non compartir” as “visións asamblearias dos partidos”.
“Eu non son de Podemos, son do Partido Socialista”, subliñou Silva. “As cuestións que promoven o asamblearismo non as comparto, eu creo firmemente na democracia representativa” indicou, entre críticas a eses modelos “que poñen os militantes como escudos”.
Tambén abordou Carmela Silva das “condicións da abstención socialista” que están a impoñer varios dirixentes do Partido Popular, con mensaxes enfocadas a que deben garantir a gobernabilidade e se comprometer na viabilidade da lexislatura, ante o que ante o que pediu a Rajoy “que non se esconda e que non intente culpabilizar outros”.











