Carmela Silva asina un convenio de patrocinio co club de baloncesto AMFIV por 35.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+

Esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente do club de baloncesto Amfiv, José Antonio Beiro Rodríguez, asinaron un convenio de patrocinio entre ambas as dúas entidades por valor de 35.000 € co que a institución provincial e o club deportivo buscan fomentar a cooperación e colaboración no desenvolvemento dos proxectos deportivos que incrementan a formación deportiva, cultural e social dos e das escolares da provincia, potenciar o tecido asociativo deportivo da provincia e, ademais, a extensión cultural e a promoción e recoñecemento dos valores do deporte en equipo.

Trala sinatura deste convenio, o logotipo da Deputación de Pontevedra aparecerá nos seguintes equipamentos e espazos: na camiseta de competición do primeiro equipo (militante na División de Honra de Baloncesto en cadeira de rodas), no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas, o chándal oficial do club, na camiseta de adestramento, na páxina web do club, na carteleira das competicións que organice este, na súa furgoneta e, ademais, na súa papelaría e o seu merchandising. Pola súa banda, o Club Amfiv facilitará o acceso aos e ás escolares da provincia aos partidos que se celebren na cidade de Vigo.

Lembramos que o C.D. Amfiv leva máis de 30 anos fomentando a eliminación de barreiras e a integración social plena das persoas discapacitadas a través do deporte. Ademais, a Deputación de Pontevedra este ano firmou convenios con algúns dos principais clubs deportivos da provincia, dentro da súa política de apoio ao deporte, supondo isto unha achega económica total superior aos 700.000 euros.

11 de outubro de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.