publicidade hoxe

Caballero ve “moi mala” a saída de Beatriz Sestayo do goberno de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pronunciouse este luns sobre a crise no goberno municipal de Ferrol, e lamentou que a saída da socialista Beatriz Sestayo é algo “moi malo” para esa cidade, dada a “incapacidade manifesta do alcalde”, Jorge Suárez (Ferrol en Común).

En declaracións aos medios, o rexedor olívico volveu a trasladar “todo” o seu “apoio” á extenente de alcalde socialista de Ferrol, e subliñou que Beatriz Sestayo “levaba aquel goberno de forma marabillosa”. “Témome que se o deixa, dada a incapacidade manifesta do alcalde, vai ser moi malo para Ferrol”, apostilou.

Na mesma liña pronunciouse a presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, quen expresou tamén o seu apoio e “agarimo” a Sestayo.

En todo caso, Silva sinalou que non debe ser ela quen fixe unha posición, senón que a xestión desa crise corresponde aos socialistas de Ferrol e á propia Beatriz Sestayo. “Debemos respectar que sexa ela quen manexe os tempos e faga as súas formulacións. Deben ser os socialistas de Ferrol os que diriman as súas cuestións”, sinalou, e engadiu: “A min non me gustan os intrusismos”.

10 de outubro de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.