A Xunta reúne nunha exposición os traballos premiados no concurso de ideas para a Cidade da Xustiza
O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado da secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, visitou hoxe a exposición dos proxectos premiados da Cidade da Xustiza, que estará estos meses na Delegación da Xunta en Vigo e á que asisitiu o gañador do premio, Alfonso Penelas quen lle explicou polo miúdo aos asistentes o proxecto da futura sede xudicial viguesa.
A exposición está composta por un total de 29 paneis, 5 por cada premiado, menos o 1º accésit que presentou 4, ademais da maqueta do proxecto gañador. Á inauguración da exposición asistiron entre outros, membros da Asociación de comerciantes de zona Pizarro, Asociación de Veciños de San Roque; a presidenta de la FAVEC, acompañada de varios membros da Federación Vecinal; o presidente da CEP, Jorge Cebreiros; o presidente de APROIN, Javier Garrido; e representantes de APEC, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Colexio de Aparelladores, Colexio de Enxeñeiros,e do Colexio de Graduados Sociais, e representantes dos Rexistros da Propiedade, ademais de colectivos implicados no proxecto.
Esta infraestrutura xudicial, que conta cun investimento de aproximadamente 25 millóns de euros, permitirá concentrar nun único espazo as dotacións xudiciais da cidade, e amplialas en máis de 10.000 metros cadrados. E unha vez que estea adxudicado e licitado o proxecto conta cun prazo de execución de 28 meses.











