publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destaca o compromiso de Emetel co investimento como garantía de crecemento competitivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, salientou hoxe o compromiso de Emetel co investimento e a mellora da súa competitividade como garantías para apostar por un crecemento consolidable e para estar en mellor disposición de acompañar a outras empresas nos seus procesos de dixitalización e modernización.

Aguilera visitou esta mañá en Oleiros as instalacións de Emetel, empresa dedicada a proxectos de transformación dixital que ten entre os seus obxectivos mellorar a cadea de valor dos seus clientes aliñando a incorporación das TIC, os procesos empresariais e o capital humano de forma innovadora sinxela e sostible.

O director do Igape salientou a aposta de Emetel por emprender accións destinadas a mellorar a súa competitividade, acolléndose aos servizos avanzados do Reacciona -un programa que está de novo activado ao servizo das pemes galegas–, sen esquecer a realización de novos investimentos tecnolóxicos, para o que tamén conta cun préstamo do Instituto a través do programa Jeremie.

Emetel presta servizos tecnolóxicos en áreas como a estratexia dixital, a ciberseguridade, as infraestruturas tecnolóxicas e os servizos profesionais avanzados. Neste sentido, Aguilera salientou o papel que as empresas TIC están chamadas a desenvolver, como facilitadoras de solucións tecnolóxicas avanzadas, para contribuír á progresiva dixitalización das pemes galegas no ámbito da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 que está a impulsar a Xunta.

10 de outubro de 2016 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.