A Policía Autonómica investiga a presunta autora de varios incendios forestais en Pontevedra
Axentes da Policía Autonómica en Pontevedra informaron hoxe da investigación dunha muller como presunta autora de dezaseis incendios forestais no concello de Pontevedra.
Os lumes que se lle imputan tiveron lugar desde o 9 de agosto ata o 6 de outubro nos lugares da Ponte, Vilar, O Rañadoiro e Acevedo, na parroquia de Pontesampaio e na Canicouva. Estes incendios afectaron unha superficie total de 320 hectáreas de raso e arborado.
A detención produciuse como consecuencia dun dispositivo de vixilancia activado en colaboración cos axentes da BIIF (Brigada de Investigación de Incendios Forestais) desde mediados de setembro e tras ser sorprendida no día de onte cando circulaba no seu vehículo e arroxaba desde a ventanilla un obxecto incendiario en Pontesampaio que produciu un lume de 300 metros de arborado. Este lume foi apagado polos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.
Polos ditos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra. No que vai de ano, Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 60 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.











