A número dous de Caballero advirte de que a disciplina de voto é un deber dos cargos do PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

A presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, advertiu este luns de que “a disciplina de voto” e a asunción das posicións marcadas polos órganos de decisión do PSOE é un dos “deberes” dos cargos socialistas.

En declaracións aos medios, e cuestionada acerca da posibilidade de que algúns deputados non se queiran abster na investidura de Rajoy, Carmela Silva afirmou que a disciplina de voto “forma parte da cultura política e democrática” do PSOE.

“Cando nos presentamos baixo as siglas do Partido Socialista Obreiro Español presentámonos baixo un proxecto político que nos obriga a asumir responsabilidades. Temos dereitos e tamén deberes, e un deses deberes é que, unha vez que o PSOE dirima a súa posición, todos temos que asumir esa posición”, proclamou.

Segundo Silva, esa forma de proceder chámase democracia”, porque “as minorías non poden impoñer a súa posición ás maiorías”. “Iso non acontece en ningunha democracia”, sentenciou.

10 de outubro de 2016 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.