publicidade hoxe

A escola infantil de Salvaterra de Miño participa nun programa de fomento dos produtos lácteos entre os máis pequenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+
A escola infantil de Salvaterra participará nun programa de fomento de produtos láctos

A escola infantil de Salvaterra participará nun programa de fomento de produtos láctos

A escola infantil de Salvaterra de Miño, incluída na rede autonómica “Galiña Azul”, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, vai participar nun programa de fomento dos produtos lácteos entre os máis pequenos en centros educativos dese municipio, promovido polo Concello de Salvaterra, en colaboración coa empresa Feiraco Lácteos S.L.

A campaña consistirá na distribución de cinco produtos lácteos envasados (iogures líquidos, batidos,…) a cada un dos 1.100 nenos que participarán nela, entre eles, os 50 alumnos de 0 a 3 anos que acoden cada día á escola infantil de Salvaterra, ao longo de varias semanas, durante o próximo mes de novembro.

O obxectivo é crear entre os máis pequenos un hábito de consumo diario de lácteos, toda vez que organismos como a FAO ou a Unesco os consideran indispensables para a nutrición humana -nomeadamente nas etapas de crecemento-, polo seu aporte de proteínas, calcio de doada asimilación, fósforo, magnesio, potasio e vitamina A, que contribúen ao mantemento da masa ósea e muscular e permiten ter uns dentes sans.

Na presentación do programa, que tivo lugar no Concello de Salvaterra de Miño, participou, xunto á edil de Educación, Marta Valcárcel Gómez, e aos responsables dos outros centros escolares que interveñen nel, a directora da escola infantil “Galiña Azul” desa localidade, Xoana Alonso Pereiro.

14 de outubro de 2016 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.