publicidade hoxe

A Consellería de Infraestruturas inicia as obras de mellora do firme na estrada OU-171

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO CarballiñoOurense
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe as obras de mellora do firme na estrada OU-171, no Carballiño.

Esta vía na que se vai actuar é un tramo antigo da estrada OU-902, que pasa polo núcleo de A Esgueva, e no que se atopa a entrada á “Ínsua dos Poetas”.

Estas actuacións, que foron adxudicadas á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A por un importe de máis de 33.000 euros, teñen un prazo de execución de dous meses aproximadamente.

A actuación consiste na rehabilitación superficial do firme da estrada OU-171, nun tramo de 1,16 km, mediante a extensión dun dobre tratamento superficial. Ademais limparanse as marxes, reperfilaranse as cunetas, pintarase a estrada e mellorarase a sinalización vertical nos cruces coa estrada OU-902.

Cómpre lembrar que a Xunta tamén está a rematar as obras de rehabilitación da capa de rodadura na estrada OU-173, ao seu paso polos núcleos da Veiga e O Campo, nas proximidades da vía na que hoxe comezan os traballos. Ademais a Consellería de Infraestruturas vén de finalizar actuacións de mellora nun treito da estrada OU-172, tamén na mesma zona deste municipio.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

4 de outubro de 2016 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.