Unha persoa ferida ao colisionar tres vehículos en Santiago
Unha colisión por alcance entre tres vehículos que circulaban á altura da Rúa da Choupana saldouse este luns cunha persoa ferida en Santiago de Compostela.
Segundo informa o 112, cando este organismo foi alertado do accidente, sobre as 11,20 horas, requiriu a intervención de Urxencias Médicas, da Policía Local e de Protección Civil da capital galega.
De igual forma, o persoal do centro de atención ás emerxencias de Galicia informou do sinistro os bombeiros da cidade.











