Un incendio en Oímbra obriga a activar a alerta por proximidade a vivendas
Outro incendio forestal declarado este martes na provincia de Ourense, neste caso no termo municipal de Oímbra, obrigou a activar a alerta por proximidade a vivendas.
En concreto, a denominada ‘situación 2’, por proximidade a casas, foi activada pola Xunta como medida preventiva porque as chamas están preto dos núcleos de Espiño e Bousés.
Este martes rexístranse temperaturas moi altas para a época do ano, con máis de 40 graos en varios puntos da provincia ourensá, e outro lume en Muíños provocou a alerta por proximidade á poboación.