publicidade hoxe

Sober colabora coa celebración das festas de Vilaescura e Santa Cruz de Brosmos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración das festas patronais na parroquia de Vilaescura e de Santa Cruz de Brosmos que terán lugar a fin de semana do 2 ao 4 de setembro.

O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar destas festividades, así como a todos os visitantes que se atopen na localidade eses días.

Programa de Vilaescura

As festas patronais de Vilaescura na honra a Santa María darán comezo na noite de mañá, día 2, cunha gran pancetada de confraternidade para todos os asistentes. 

O sábado día 3 celebrarase unha misa solemne en torno ás 13:00 horas. A sesión vermú posterior e a verbena correrán a cargo da orquestra Nueva Imagen. 

O domingo 4 a xornada festiva comezará tamén cunha misa solemne, que será oficiada en torno ás 13:00 horas na igrexa parroquial. A orquestra Enigma será a encargada de amenizar a sesión vermú e poñer o punto e final á xornada festiva. 

Programa de Santa Cruz 

As festas de Santa Cruz de Brosmos, na honra á Virxe do Carme, comezarán mañá, en torno ás 21:30 horas, cunha gran pancetada e queimada para todos os veciños e veciñas no campo da festa. Ademais celebrarase a V edición do Concurso de Postres e a verbena estará amenizada polo Grupo Camelia. 

O sábado, sobre as 13:15 horas, levarase a cabo a tradicional ofrenda floral na honra aos músicos de Santa Cruz. A continuación procederase á lectura do pregón da man de Nemesio Rodríguez. En torno ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne con procesión que dará paso ao concerto da Banda de Música de Sober. Xa pola tarde, sobre as 18:30 horas, organizarase unha xincana de xogos populares para todos os nenos e nenas e haberá unha exhibición de tiro con arco. A continuación disputarase un partido de fútbol interxeracional. Na verbena da noite farase a entrega de premios do concurso de postres e a actuación musical do día correrá a cargo da orquestra Capricho.

O domingo, día 4, o día festivo comezará en torno ás 10:00 horas cunha alborada a cargo do grupo de gaitas Érbedo. Ás 13:30 horas oficiarase unha misa solemne con procesión e o grupo Trícole será o encargado en poñer o punto e final ás patronais de Santa Cruz.

 

1 de setembro de 2016 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.