publicidade hoxe

Santiago Villanueva reitera que todas as hipóteses seguen abertas na busca de Diana Quer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, reiterou que “tódalas hipóteses” seguen abertas na busca de Diana Quer, a moza madrileña desaparecida o 22 de agosto na localidade da Pobra do Caramiñal (A Coruña). Mentres, afirmou que non hai “ningún dato” sobre o perfil da persoa ao coche da cal, supostamente, subiría a moza ese día.

A preguntas dos xornalistas, e despois de que algunhas informacións apuntasen a este dato en relación ao condutor do suposto coche, Villanueva dixo que non está a “xogar con ningún tipo de perfil”.

Por outra banda, sobre as actuacións que está a levar a cabo a Garda Civil, precisou que se está a traballar en todo aquilo “que poida achegar algún dato”. “Todas as hipóteses están abertas e non se descartou ningunha”, dixo despois de que o pai de moza se mostrase máis pesimista sobre a posibilidade de atopala con vida.

A este respecto, o delegado do Goberno, admitiu que “cantos máis días se tarda, fai non ter a mesma ilusión que o primeiro día”. Con todo, insistiu en que non está descartado “nada”. Ademais, reiterou que se están a facer “entrevistas a moita xente do ámbito” da moza para “ratificar actuacións anteriores”.

Preguntado se se ampliará a busca ou se realizarán novas batidas, precisou que, de momento, ambas as dúas cuestións non están formuladas, aínda que tampouco o descartou en caso de que se considerase necesario.

NOVO DE BAIONA

Mentres, recordou que, na investigación, traballan efectivos da Garda Civil de Galicia e tamén de Madrid, aínda que apuntou que nestes casos tamén se transmiten os datos a outras policías, tamén de fóra de España.

En canto ao caso do mozo de Baiona desaparecido, Iván Durán Valverde, dixo que “continúa a busca” e que, tanto o seu caso como o de Diana Quer, están incluídos na base de datos de desaparecidos.

16 de setembro de 2016 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.