Rueda destaca a importancia da labor da Garda Civil na presentación do libro “Entorno seguro. Consellos da Garda Civil”
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu hoxe á presentación do libro “Entorno seguro. Consellos da Garda Civil”, onde destacou a importancia da divulgación do labor da Garda Civil a través da formación e sensibilización dos cidadáns, en prol da mellora da seguridade na nosa comunidade.
Alfonso Rueda, no marco do acto que tivo lugar na Delegación do Goberno, e ao que tamén asistiron o xeneral xefe da XV zona da Garda Civil, Ángel Alonso Miranda, o delegado do Goberno, Santiago Villanueva e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, puxo de relevancia a edición deste libro que permitirá descubrir da man de expertos cualificados os variados ámbitos de actuación da Garda Civil: en portos e aeroportos, na protección da natureza, no control de armas e explosivos, no tráfico interubano ou na investigación da delincuencia organizada, tendo acceso, ademais, a varias recomendacións de seguridade que posibilitarán reforzar a implicación dos cidadáns.











