publicidade hoxe

Rey Varela e o alcalde de Valdoviño asinan un convenio para impulsar a posta en servizo dun centro sociocomunitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValdoviño
A-
A+
Rey Varela na sinatura do convenio co alcalde de Valdoviño

Rey Varela na sinatura do convenio co alcalde de Valdoviño

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde do Concello de Valdoviño, Alberto González Fernández, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o financiamento das obras de acondicionamento dun local de titularidade municipal emprazado na parroquia de Atios para destinalo a novo centro sociocomunitario da vila.

Así as cousas, mediante o acordo subscrito esta mañá a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, compromete unha contribución máxima para o financiamento desta infraestrutura de 150.000 euros; mentres que o concello asumirá a realización dos traballos, así como da xestión do centro, en calquera das modalidades previstas na lexislación vixente, polo que atenderá os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído.

O conselleiro de Política Social salientou a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas que máis o precisan co fin de mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas de Valdoviño”. “ As administracións estamos para entendernos e sacar cosas adiante – subliñaba Rey Varela esta maña – e no eido das políticas sociais o esforzo debe ser aínda maior se cabe xa que son patrimonio universal”.

20 de setembro de 2016 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.