publicidade hoxe

Ourense, Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro de Aguiar e Vilamarín poñen en marcha o programa “Ourense Cooperativa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PeroxaAmoeiroColesLocal PortadaO Pereiro de AguiarOurenseOurenseVilamarín
A-
A+

No mes de marzo do 2016, o Concello de Ourense solicitou unha axuda á Secretaría Xeral de Emprego -Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia- ao abeiro da Orde do 11 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da Economía Social dentro do Programa II adicado ás Oficinas locais de fomento cooperativo. Desde hoxe, está operativa a web www.ourensecooperativa.gal para dar conta de todas as actividades previstas.

O importe concedido naquela subvención acadou ós 23.494,97 € dos que a Consellería subvenciona o 80%, o que supon a súa maior porcentaxe de financiación, resultando de este xeito unha axuda por importe de 18.797,56 €.

O Concello de Ourense solicita axuda trala súa adhesión á Rede Esumo, constituíndo unha agrupación de concellos formados polo Concello de Ourense, Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro e Vilamarín.

A través da Rede Eusumo Fomentase o espírito emprendedor a través da economía social, préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.

Xurde así O MES DO COOPERATIVISMO: OURENSE COOPERATIVA que organiza ó longo do mes de setembro un programa de actividades que permitirá identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión dos proxectos e crecer en novos mercados en torno á economía social.

OURENSE COOPERATIVA está conformado por un conxunto de actividades que permitirán aos asistentes identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social.

Este programa estrutúrase a través de 3 bloques de actividades enfocados a axudar as persoas e emprendedores independentemente na fase de proxecto na que se atopen: 

CREA e INNOVA: Onde están proxectados distintos obradoiros e cursos, presenciais ou en liña, vinculados coa identificación de oportunidades de negocio nos sectores máis dinámicos e con maior potencial da zona xeográfica da Agrupación de Ourense (TERMALISMO, TURISMO, TIC e CULTURA) e coa creación de empresas de economía social. 

XESTIONA: Este bloque de actividades permitirán aos asistentes a aprender a xestionar un proxecto empresarial desde a idea ao negocio. 

CRECE: Impúlsase un obradoiro de internacionalización focalizado a amosar as oportunidades existentes de internacionalzación e as características dos procesos que poidan permitir levar a cabo a apertura dun proxecto aos mercados exteriores. 

As actividades de OURENSE COOPERATIVA terán lugar no mes de setembro nos concellos que conforma a agrupación: Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense.

Este proxecto é unha clara aposta por a economía social como o modelo empresarial que mellor se adapta á nova economía de mercado e aos novos tempos porque ser as empresas que mellor se adaptan á nova contorna máis social, por ser ás máis eficientes, onde as persoas son o recurso máis valioso, que son pola súa natureza as máis colaborativas e que facilitan a responsabilidade social e a sostibilidade. 

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, sinala que “desde este equipo de goberno creemos totalmente na importancia do terceiro sector e da economía social como clave estratéxica para a xeración de emprego. Grazas á cooperación cos concellos limítrofes poderemos apoiar a posibles emprendedores”. 

O Concello de Ourense, xunto cos municipios de Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín, conforman a Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social de Ourense integrada na Rede Eusumo. A través desta oficina levaranse a cabo actividades vinculadas co fomento do cooperativismo e a economía social:

– Actividades de formación, dinamización e divulgación dirixido a emprendedores, desempregados e público en xeral, así como prescriptores e axentes intermedios.

– Asesoramento e acompañamento de proxectos cooperativos e de economía social.

– Apoio a comercialización e internacionalización das empresas de economía social.

– Actividades ligadas ás oportunidades de negocio nos sectores predominantes no ámbito territorial que abrangue a agrupación de concellos de Ourense: TIC, CULTURA, TERMALISMO e TURISMO. 

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

1 de setembro de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.