publicidade hoxe

Os técnicos da Xunta presentan a proposta para a senda de Parderrubias, na estrada PO-411

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

Técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mantiveron hoxe unha reunión de traballo no Concello de Salceda de Caselas na que se presentou a proposta de implantación da senda que ao longo da estrada PO-411 permitirá conectar Parderrubias coa capitalidade do municipio.

Esta actuación, promovida pola Xunta de Galicia, mellorará a mobilidade dos veciños e incrementará a seguridade viaria neste municipio, e foi considerada prioritaria dentro da primeira fase do Plan de Sendas de Galicia que se está a desenvolver en sete comarcas galegas, entre as que se atopa a de Vigo. Os veciños de Salceda poderán dispoñer, deste modo, dunha senda segura, sostible e integrada na paisaxe que empregarán nos seus desprazamentos habituais, por exemplo, habilitando un itinerario a pé ata o IES Pedras Rubias.

A proposta de senda, dunha lonxitude de dous quilómetros, contará cun paso libre mínimo de 1,8 m, de uso mixto para peóns e ciclistas, e a súa configuración irase adaptando con esa premisa ás circunstancias de cada punto.

Prevese que o proxecto construtivo estea redactado a finais do ano 2016, o que permitirá iniciar a tramitación para a súa execución. O investimento estímase inicialmente nuns 320.000 euros, aínda que o importe definitivo será concretado no proxecto construtivo.

22 de setembro de 2016 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.