Os galegos que participarán no mundial de Perú disputan o Open Ciudad de Pamplona esta fin de semana
Os taekwondistas galegos que participarán no Mundial de Poomsae de Perú asistirán esta fin de semana ao Open Ciudad de Pamplona, no que será unha proba preparatoria para esta cita mundial. A Navarra viaxarán 11 deportistas, 3 árbitros e 1 técnico. A expedición galega partirá mañá venres dende Vigo para competir no IX Open Ciudad de Pamplona, que reunirá a 260 deportistas das modalidades de técnica e combate. O sábado celebrarase a competición de técnica coa participación de equipos de Madrid, Valencia, Andalucía, Castela e León, Galicia, Francia e Portugal.











