publicidade hoxe

Os cruceiros costeiros nas Rías Baixas captaron 1.300 pasaxeiros nas primeiras semanas de actividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVilanova de Arousa
A-
A+

O proxecto “Cruceiros costeiros”, impulsado pola Xunta de Galicia, a través de Portos e Turismo de Galicia a finais do pasado ano, conseguiu captar preto de 1.300 pasaxeiros nas primeiras semanas de actividade. Así o comunicou en Vilanova o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán. Alí fixo balance deste proxecto piloto que promove circuítos turísticos de corto percorrido polas Rías Baixas en embarcacións de pequena capacidade como catamaráns ou veleiros.

Acompañado polos representantes da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+), participante tamén no proxecto, o presidente de Portos cualificou de exitosos os resultados obtidos pouco máis de medio ano despois da posta en marcha desta iniciativa. Durán Hermida explicou que en total realizáronse 60 saídas polas 6 rutas definidas, dúas por cada unha das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. En canto ao perfil dos visitantes, sinalou que proceden na súa maioría de Galicia e o arco atlántico europeo, pero tamén doutros países como México e Cuba e que, en varias ocasións, os viaxeiros repiten a experiencia destas rutas.

Segundo explicou o presidente de Portos a captación de clientes para esta actividade responde en boa medida á tarefa de promoción levada tanto a través de medios de comunicación, redes sociais e campañas de publicidade, como mediante o contacto directo co sector do turismo náutico. Neste sentido, lembrou que para a difusión desta iniciativa contactouse cunha decena de empresas de viaxes maioristas de ámbito nacional, así como con máis de 300 axencias minoristas de toda Galicia e máis de 800 minoristas non verticais de España e Portugal. Finalmente tamén se presentou o proxecto a preto dunha trintena de asociacións sociais, culturais, veciñas e deportivas.

José Juan Durán destacou que a Xunta de Galicia ten acadado o seu obxectivo de “situar as Rías Baixas como centro de atención do turismo náutico” e resaltou que, segundo os propios operadores do sector, a iniciativa pode acadar nos vindeiros anos a consolidación que se pretende grazas a ser un tipo de produto “de calidade, con grande atractivo e bo prezo”.

2 de setembro de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.