publicidade hoxe

O XVI Edición do Encontro Internacional de Torneiros de Madeira celebrarase entre o 23 e 25 de setembro en Xermade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioXermade
A-
A+

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación do programa da XVI edición do Encontro Internacional de Torneiros de Madeira que se celebrará en Xermade (Lugo) entre o 23 e 25 de setembro.

A iniciativa, que apoia a Xunta, naceu en 2001 na Aldea Artesán da Fraga, coa intención de recuperar un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaria, materias e técnicas de traballo para logo dalas a coñecer ao maior número de persoas posibles.

O evento, que conta con inscritos das catro provincias galegas e doutras comunidades, así como de diferentes países europeos, acolle tradicionalmente as intervencións de torneiros profesionais que se achegan de diferentes países.

O programa desta edición acolle as demostracións de Rafael Saigí (Tenerife), Jason Smith (Reino Unido), Nikos Siragas (Grecia) e Manuel Castro (As Pontes). Os visitantes tamén poderán coñecer de preto a exposición CONtornos na biblioteca pública do concello, iniciarse nas técnicas do torneado de madeira coa supervisión de monitores, ou mercar ferramentas, maquinaria ou publicacións especializadas do sector nos stands dos distribuidores presentes no encontro.

7 de setembro de 2016 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.