publicidade hoxe

O traballador falecido en Finsa desobstruía unha fita cando quedou atrapado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+
Europa Press

Comisións Obreiras (CC.OO.) lamenta o falecemento dun traballador de 59 anos e afiliado a este sindicato na fábrica de Finsa en Padrón (A Coruña) e espera que a investigación aclare as causas do sinistro.

A través dun comunicado, a central traslada a súa solidariedade á familia. Este luns reuníronse na factoría membros do comité de empresa, da área de saúde laboral de CC.OO. e a inspección de Traballo.

Os representantes do sindicato, segundo indica a nota de prensa, puideron acceder ao lugar do accidente. “O único que se pode confirmar por agora é que o operario faleceu sobre as catro da mañá cando efectuaba labores de desobstrución nunha fita de evacuación de residuos”, apunta.

Por causas que se descoñecen, a máquina atrapou o traballador, segundo sinala a organización sindical, que engade que no momento do suceso había máis empregados na fábrica “pero aparentemente sen contacto visual directo” con este compañeiro.

Así as cousas, CC.OO. seguirá “moi de preto” a investigación deste “fatídico” accidente e, segundo cuales sexan as conclusións, pedirá a adopción ou reforzo de medidas preventivas para evitar que “unha nova desgracia” volva acontecer.

5 de setembro de 2016 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.