publicidade hoxe

O Supremo deliberará o día 21 para emitir fallo sobre o recurso do caso Asunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

O Tribunal Supremo (TS) deliberará o próximo 21 de setembro para emitir fallo sobre os recursos de casación presentados polos pais de Asunta Basterra, Alfonso Basterra e Rosario Porto, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificase a condena a 18 anos de prisión para cada un que determinou a Audiencia Provincial da Coruña polo asasinato da súa filla.

De tal forma, haberá unha deliberación a porta pechada no Supremo da que se coñecerá o fallo, tras o que se redactará unha sentenza baseándose neste.

No mes de marzo o TSXG confirmou a condena aos proxenitores de Asunta na que se avalaban os feitos recollidos como probados no auto orixinal do xuíz Jorge Cid Carballo, agás no punto que se refire á participación directa de Alfonso Basterra na morte da nena.

De feito, introducía unha modificación no feito probado segundo a cal foi Rosario Porto a única culpable de asfixiar a súa filla Asunta, aínda que determinaba que isto o fixo “en execución do plan preconcibido” con Alfonso Basterra para acabar coa vida da menor.

Aínda así, e tras desestimar as irregularidades alegadas polas defensas dos pais, o TSXG indicou que a pena que cabe impoñer a Basterra por este caso é a mesma que a Porto, 18 anos de prisión por asasinato con agravante de parentesco e abuso de superioridade.

8 de setembro de 2016 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.