publicidade hoxe

O rexedor de Chantada está convencido de que o incendio que afecta a Rede Natura foi intencionado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Chantada, Manuel Varela, mostrouse convencido de que o lume que se orixinou en torno ás tres da tarde deste domingo na parroquia de Requeixo foi intencionado.

O incendio forestal quedou controlado esta mañá tras arrasar ao redor de 100 hectáreas de Rede Natura. Nos traballos de extinción traballaron un técnico, catro axentes, 29 brigadas, 11 motobombas, tres pas, 13 helicópteros e tres avións.

Segundo o rexedor, “isto non foi fortuíto” porque para acceder á zona na que se orixinaron as lapas “só se pode ir a pé, non ten doado acceso”.

Das en torno a 100 hectáreas queimadas, unhas 80 correspóndense con monte raso e en torno a 20 a plantacións que financiou a Xunta de Galicia hai cinco anos, segundo os datos do primeiro edil.

“Eu só teño que preguntar se tanto nos custa aos contribuíntes darnos conta do que nos custan estes delitos; ao que prende lume deberían arderlle as mans, por non dicir outra cousa”, censurou.

5 de setembro de 2016 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.