O proxecto “SmartPeme” levará a cabo 36 cursos en setembro na provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A provincia de Pontevedra acollerá durante todo o mes de setembro, os obradoiros do programa “SmartPeme” que se desenvolverán nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo cunha programación de actividades de diversa índole en horario de 19.00 horas. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e de mozos e mozas autónomas.

Na capital provincial, o Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra desenvolverá seis obradoiros: o venres 9 de setembro, “A túa páxina web en menos de 90 minutos”. O venres 16, “A túa páxina web con WordPress”. O martes 20, “LinkedIn: a túa rede de networking”. O venres 23 de setembro, “Comercializa os teus servizos a través das redes sociais”. O martes 27, “Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas”. Por último, o xoves 29, “Fotografía e vídeo para espazos interiores”. A oficina SmartPeme de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n.

Na comarca de Vigo, as oficinas situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, acollerán dezaoito obradoiros. Na oficina de Ponteareas as actividades serán as seguintes: o venres 9, “Vén descubrir que son e para que serven as redes sociais”. O martes 13, “Fotografía e vídeo para espazos interiores”. O sábado 17, “Seguridade informática: conceptos básicos”. O luns 19 de setembro, “A túa información sempre á man: almacenamento na nube”. O venres 23, “A túa páxina web en menos de 90 minutos”. Por último, o mércores 28 de setembro, “Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl”. A oficina SmartPeme de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

Pola súa banda, a oficina do Porriño desenvolverá os seguintes obradoiros: o mércores 7, “Seguridade informática: conceptos básicos”. O luns 12, “Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e IOS”. O xoves 15, “A túa páxina web en menos de 90 minutos”. O martes 20 de setembro, “Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa solución?”. O xoves 22, “Como empregar Google e Google Apps for Business”. Por último, o mércores 28 de setembro, “Crea unha nube de información privada para a túa empresa”. A oficina SmartPeme do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

As quendas para o mes de setembro na oficina de Vigo son as seguintes: o martes 6 de setembro, “LinkedIn: a túa rede de networking”. O martes 13 de setembro, “Facebook Ads”. O venres 16, “Fotografía e vídeo para espazos interiores”. O luns 19 de setembro, “Google Analytics: iniciación á analítica web”. O 26 de setembro, “Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisión”. Por último, o xoves 29, “Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas”. A oficina SmartPeme de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

En Cambados, se realizarán 6 obradoiros no Centro ExpoSalnés. As quendas desenvolveranse tamén en horario de 19:00 horas: o xoves 8 de setembro, “Como facer unha campaña de publicidade exitosa en Google?”. O venres 16 de setembro, “Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio”. O luns 19 de setembro, “Fotografía e vídeo para espazos interiores”. O xoves 22 de setembro, “A túa páxina web con WordPress”. O martes 27 de setembro, “Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais”. Por último, o venres 30 de setembro, “LinkedIn: a túa rede de networking”. A oficina SmartPeme de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.

En Lalín, as quendas son as seguintes: o xoves 8 de setembro, “Redes sociais para a venda”. O luns 12 de setembro, “Como facer unha campaña de publicidade exitosa en Google?”. O xoves 15 de setembro, “Aprende como facturar electronicamente”. O mércores 21 de setembro, “Fotografía e vídeo para espazos interiores”. O venres 23 de setembro, “Seguridade informática: conceptos básicos”. Por último, o venres 30, “Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggle”. A oficina SmartPeme de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.

As inscricións a todos eles se realizarán no número de teléfono 886 20 20 20.

“Un novo modelo orientado á mellora competitiva das pemes”

Lembramos que o novo proxecto SmartPeme, en palabras da presidenta da Deputación na presentación do proxecto aos concellos celebrada a finais do pasado mes de xuño, “é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos”. Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se porán en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

 

5 de setembro de 2016 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.