O plantel celeste comeza a súa posta a punto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Corpo técnico e xogadores do Santiago Futsal volveron saír esta tarde á pista do Multiusos Fontes do Sar para comezar a temporada 16/17. Un plantel de 15 xogadores, ao que se incorporou o canteirán Antón Arnejo; quen tamén realizará a pretemporada co primeiro equipo,  iniciaron no día de hoxe a súa posta a punto para chegar nun nivel óptimo ao 12 de Outubro, data de inicio de Liga.

O plantel exercitarase en dobre sesión durante os primeiros días de pretemporada e o mércores xogará o seu primeiro encontro, correspondente aos  cuartos de final de Copa Deputación, no que se medirá ao gañador da eliminatoria entre 5 Coruña FS e Arzúa FS.

Con todo, dentro da esixente pretemporada do primeiro equipo, tamén haberá tempo para acudir a actos e eventos extradeportivos, como o acto de apertura do torneo e campus ‘Área Futsal’ que terá lugar o sábado ás 12.30h no Centro Comercial Área Central e á que asistirá todo o plantel do Santiago Futsal.

1 de setembro de 2016 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.