publicidade hoxe

O DOG publica o proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada, que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 21 de xullo.

A aprobación definitiva do proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada realizouse despois de que a Xunta retrotraera o expediente do mesmo co fin de solicitar ao órgano competente da Administración Xeral do Estado a emisión do informe relativo ás necesidades de redes públicas de comunicacións electrónicas no ámbito do proxecto sectorial, en cumprimento dun sentenza xudicial que non afectaba aos restantes aspectos do expediente.

Unha vez obtido o devandito informe, emitido pola Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, o Consello da Xunta procedeu á aprobación definitiva do proxecto sectorial da Cidade do Moble.

Unha vez aprobado e publicado o proxecto sectorial, o Goberno galego comezará a execución dos traballos técnicos para a modificación puntual do mesmo.

Con dita modificación puntual o proxecto do parque empresarial dividirase en polígonos, de maneira que se poida desenvolver por partes e conforme á demanda real que se contraste a través do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial, empregando os recursos dispoñibles de forma eficiente e dando resposta ás necesidades dos empresarios da Estrada ou interesados en asentarse neste concello.

Ademais, na modificación puntual do proxecto sectorial flexibilizaranse os usos previstos para esta actuación de solo empresarial co obxectivo de facilitar o asentamento das empresas interesadas en instalarse na Estrada.

2 de setembro de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.