O conselleiro de Política Social reitera o apoio á asociación Alcer Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O conselleiro de Política Social na reunión con representantes da asociación

O conselleiro de Política Social na reunión con representantes da asociación

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro esta mañá en San Caetano con representantes da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril de Coruña, para coñecer de primeira man a súa actividade e as súas demandas.

Durante a reunión, o conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte a este tipo de doenzas e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo ALCER Coruña, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”. Dende a entidade, fíxose fincapé na importancia da doazón e o transplante de órganos, que na actualidade xa suma preto de 30.000 carnés de doantes.

Catro décadas de servizo

ALCER Coruña naceu no ano 1976 e na actualidade conta con sete programas e servizos de atención aos doentes: 7 vidas, ALCER no Fogar, Bule con ALCER, Doar palabras, Servizo de Atención Psicolóxica e Servizo de Información e Orientación Social. Todos eles dirixidos por un grupo de profesionais, colaboradores e voluntarios e voluntarias que comparten os principios da entidade, e que traballan para contribuír á consecución dos obxectivos da asociación.

1 de setembro de 2016 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.