O Concello de Rodeiro destina 30.000 euros a acondicionar o centro municipal mailo edificio anexo
A Deputación de Pontevedra, mediante unha resolución presidencial, vén de aprobar unha nova axuda no concello de Rodeiro. Trátase dunha achega de 29.999,99 € coa que Rodeiro financiará o acondicionamento do Centro Municipal da vila e o seu edificio anexo. Este importe encádrase na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
Deste xeito, Rodeiro xa recibiu do Goberno provincial, na liña 1, a correspondente a investimentos, 180.000 € para mellorar os accesos a varios núcleos municipais (concretamente os de Saa, en Santa María de Pescoso, Outeiro, en Guillar, Vilela e As Pobanzas), pavimentar os camiños de Suíme-Río,A Torre-Laxas e o que une Verlás con Soeirexa, en Santa Baia de Camba, a pavimentación de vías públicas municipais nos seguintes lugares da vila: Rañestras, Paredes (parroquia de Álceme), Cuñarro do Cabo (parroquia de Arnego), Carboentes e A Torre de Carboentes (parroquia de Carboentes) e, ademais, o financiamento dun proxecto de eficiencia enerxético no edificio do centro público integrad. Anteriormente, a vila xa recibira 30.900,84 € en liña 2 para o financiamento de gastos correntes, 18.224,50 € en liña 3 para o financiamento da actividade “Cantos na Taberna”, a Cabalgata de Reis, a Semana da Xuventude, o Entroido, o “Rodeiro de tapas”, un campamento de verán e “Rodeiro entre camiños” e, por último, outros 76.861,27 € con obxecto da contratación de 20 traballadoras e traballadores que desenvolven os seus labores nos servizos municipais do concello.
No que levamos de 2016,o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Rodeiro sitúase no 69,1% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte da Deputación acada a cifra de 335.986,60 €.