publicidade hoxe

O Concello de Catoira acomete a rehabilitación do parque infantil en Dimo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

Os nenos e nenas de Catoira dispoñen dunha renovada zona de recreo na parroquia de Dimo. Trátase dun novo parque habilitado polo Concello no patio da Escola de Educación Infantil, con fondos do Plan de Obras e Servizos 2016 da Deputación de Pontevedra.

O principal parque infantil de Dimo, situado ata agora a carón do Centro Social, foi trasladado uns cincuenta metros, para ocupar unha parcela situada na parte traseira da Escola Infantil. Tras as obras de escavación e acondicionamento do terreo, procedeuse ao traslado dos aparatos, conservándose catro dos existentes, e incorporando novos xogos, entre eles varios xogos de resortes e unha tirolina. O recinto tamén se dotou de lousas de caucho para amortecer as caídas.

Estas obras contaron cun orzamento de 20.043 euros.

No municipio de Catoira existen oito parques infantís.

1 de setembro de 2016 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.