O Concello da Coruña emprenderá accións de xestión integral dos residuos da zona da Pasaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello emprenderá distintas accións co fin de xestionar os residuos que existen na zona da Pasaxe. O obxectivo é evitar novos incidentes como os rexistrados no día de onte á altura da Conserveira Celta. A titular do departamento municipal de Medio Ambiente, María García, supervisou esta mañá a zona afectada polo incendio e destacou a rápida actuación do servizo de Bombeiros da Coruña. “O certo é que, sen querer minimizar o lume, a superficie de extensión non é tan grande como parecía, xa que se concentrou nunha zona de entre 10 e 20 metros cuadrados. O volume de residuos que se atopaba alí foi o que alongou as labores de extinción”, explicou.

García explicou que o Concello emprenderá unha serie de accións encamiñadas a abordar o tratamento de residuos que se fai na zona. “Haberá unhas de carácter máis inmediato para a mellora da xestión dos residuos, e logo, a medio e longo prazo, apostamos por levar a cabo programas para a xente desta zona, de cara a súa profesionalización no tratamento de residuos, tanto de chatarra como de voluminosos”, comentou a responsable municipal, que recordou que o Concello xa levou a cabo unha experiencia piloto moi éxitosa neste senso o pasado ano na zona do Campanario e as Rañas, repetindo este ano nas Rañas.

1 de setembro de 2016 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.