Nove empresas optan á reforma do campo de herba sintética A Xunqueira
Noves empresas presentaron ofertas no Concello de Pontevedra para o acometer a renovación da superficie de xogo do campo A Xunqueira I de fútbol 11. Delas seis son galegas -catro con sede na provincia de Pontevedra, unha na de A Coruña e unha de Lugo- e as outras tres son de Zaragoza, Barcelona e Murcia.
Son as seguintes:
• Construcciones E.C. Casas SL. (Pontevedra)
• Construcciones Obras e Viales SA (Pontevedra)
• Elsamex SA (A Coruña)
• Galitec Desarrollos Tecnológicos SL (Granollers-Barcelona)
• Limonta Sport Ibérica SL (Vigo- Pontevedra)
• Mondo Ibérica SA (Zaragoza)
• Naturf Develop SL (Murcia)
• Sport Equipalia SL (Palas de Rei-Lugo)
A obra saíu a contratación cun presuposto de 363.233,01 euros, IVE incluído e ten un prazo de execución de dous meses e un período de garantía dun ano. Os servizos técnicos están avaliando as ofertas presentadas co fin de que a meesa de contratación adopte unha decisión. A mesa reunirase nos próximos días.
O campo municipal de herba sintética A Xunqueira foi primeiro de herba sintética que houbo na cidade e a día de hoxe ten practicamente esgotada a súa vida útil. É do ano 1999 e foi obxecto dunha primeira renovación no 2005. Precisa dunha nova substitución da superficie de xogo por outra de nova xeración co fin de contar con boas prestacións deportivas, con garantías de calidade e sobre todo de seguridade para os deportistas.
As deficiencias detectadas e as directrices sinaladas pola Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas, Enxeñería e Servizos (OTMAIES) guiarán a reforma do campo deportivo. Unha instalación que ten unha frecuencia de uso alta -máis de 60 horas semanais- e con un uso deportivo de nivel amateur en categoría sénior e nivel Nacional en categorías base polo que precisa dun pavimento que supere os parámetros de durabilidade máis esixentes e que ademais teña unha resposta deportiva das máis altas prestacións: cumprimento da norma UNE-EN 15330-1:2014 e homologación tanto do sistema a instalar como da obra executada con nivel FIFA Qualit
DIAGNOSE
O campo A Xunqueira 1 ten unha superficie de céspede de 111×69 metros (incluíndo as marxes das bandas e dos fondos. O actual terreo de xogo está constituído por unha soleira de aglomerado e sobre ela unha alfombra de céspede artificial fibrilado de 60 mm. Atópase ao límite da súa vida útil: a fibra do céspede ten un forte desgaste, algunhas zona do campo teñen parches, as xuntas de unión de algúns panos da moqueta de céspede está en mal estado… En resumo o terreo de xogo non cumpre cos requirimentos esperables para estas superficies (elasticidade, fricción, absorción de impactos, bote e rodamento do balón, resistencia ao movemento,…)
OBRA A EXECUTAR
• Retirada a capa de céspede artificial comprobarase o estado da superficie e procederase á regularización e posterior compactación para reparar as zonas danadas e eliminar posibles irregularidades nas pendentes.
• Construirase unha beirarrúa perimetral ao campo de fútbol.
• Executarase unha nova quenlla de formigón polímero dotada de reixa superior e instalaranse novas arquetas areeiros de formigón polímero con reixa desmontable e cesta filtro co fin de mellorar a drenaxe do campo e os labores de mantemento.
• Instalarase unha base elástica prefabricada de tres capas coas características especificadas pola OTMAIES.
• Instalación dun céspede artificial de última xeración testado en laboratorio consonte as criterios FIFA Quilite. Incluirase nesta actuación a marcaxe do campo de fútbol 11 e de dous campos de fútbol 8 cumprindo coa regulamentación R.F.E.F.
• O campo será obxecto de homologación, con cargo ao contratista, pola FI co nivel FI FA Quality.
• Instalarase unha nova varanda perimetral.
• Substituiránse as porterías de fútbol 11 e colocaránse catro novos bandeiriñas de córner.











