publicidade hoxe

Nova tempada das escolas e actividades deportivas na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Co mes de agosto rematado e a piques de comezar un novo curso escolar, a actividade deportiva tamén chega con forza nesta nova tempada á vila da Guarda.

Por unha banda no mes de outubro retómanse as escolas deportivas para os máis cativos da casa. Esta oferta de escolas deportivas inclúe dúas actividades gratuítas: baloncesto e patinaxe artístico. No caso do baloncesto, terán lugar os venres de 16 a 18 horas. No caso do patinaxe artístico, se levarán a cabo tódolos luns de 17 a 19 horas.

Ademais, as escolas deportivas complétanse con dúas actividades máis. Haberá clases de bádminton os mércores de 16,30 a 18 horas, cun prezo de 10€ o mes. Tamén se oferta a posibilidade de aprender un deporte moi en alza como é o pádel. Por 15€ ao mes, os rapaces e rapazas poderán practicalo os martes de 16 a 17 horas se teñen entre 6 e 8 anos de idade; e os mércores de 17 a 18 horas para os nenos e nenas de 9 a 12 anos.

Para os adultos son catro as actividades ofertadas, que tamén comezarán no mes de outubro. Os martes e os xoves impartiranse aulas de aeróbic das 20,30 ás 21,30 horas, cun prezo de 18€. Os mesmos días, martes e xoves, de 19 a 20 horas, haberá clases de pilates a 28,50€ ao mes. E tamén os martes e xoves pero pola mañá, de 11,20 a 12 horas; os que o desexen poderán aprender técnicas de relaxación. Esta actividade ten un prezo de 18,50€.

Tamén dará comezo a “Ximnasia para a 3ª Idade”, unha actividade gratuíta que se desenvolverá dous días á semana, unicamente durante o mes de outubro no Centro Cultural, e que incluirá diversas saídas ao aire libre dependendo da meteoroloxía. 

As inscricións, tanto para as escolas deportivas de nenos e nenas como para as actividades de adultos, poderán realizarse a partir do 6 de setembro na oficina da OMIX do Concello da Guarda. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 61 45 46 ou enviar un correo electrónico a deporte@aguarda.es

1 de setembro de 2016 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.