Morren ducias de polos nun incendio declarado nunha granxa de Vilanova de Arousa
Un incendio declarado nunha granxa da localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa provocou a morte por asfixia de ducias de polos nunhas instalacións que se sitúan no lugar de San Bartolomeu, na parroquia de Tremoedo.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o lume iniciouse de madrugada en varios puntos onde había palla almacenada. Aínda así, a granxa non se viu afectada.
Foi un particular o que chamou o 112 Galicia ás 3,00 horas deste venres para explicar a situación. Tras iso, foron moviliazdos os Bombeiros do Salnés e Urxencias Sanitarias, aínda que finalmente ningunha persoa resultou ferida. Tamén se informou a Protección Civil e á Guardia Civil.
Os efectivos mobilizados conseguiron sufocar o lume minutos despois das 4,00 horas deste venres.